Friday 13 de September de 2024

A Xunta amplia 43 centros educativos cun investimento de 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado galego


— A través destas actuacións respóndese ás demandas de escolarización de zonas con maior dinamismo demográfico coa construción de novos edificios e aulas

— Outro dos eidos de actuacións son os talleres de FP, cunha matrícula crecente e dotación de espazos equipados para ciclos cada vez máis tecnificados

— Adáptanse os centros aos cambios sociais, con novos espazos de aprendizaxe para metodoloxías innovadoras, bibliotecas más amplas ou pistas deportivas cubertas

A Xunta está a ampliar un total de 43 centros de ensino cun investimento de case 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado. Faino ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para adaptar as instalacións educativas ás novas realidades do ensino na actualidade. Así o explicou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nunha visita ao novo edificio de talleres de Formación Profesional do Instituto IES Antón Losada Diéguez, na Estrada.
O titular de Educación da Xunta explicou que con estas actuacións de ampliación “se atenden as necesidades de escolarización de zonas con maior dinamismo demográfico”. Neste senso, detallou que a Consellería -da man dos concellos- analiza as previsións e necesidades de matrícula das diferentes zonas para dotalas das infraestruturas precisas.

Grazas a isto créanse prazas para matriculación de novos alumnos en Infantil e Primaria alí onde son necesarias e facilítase que os alumnos poidan realizar o ensino Secundario e o Bacharelato sen desprazarse a outros concellos. Tamén se amplían talleres de FP para atender o notable incremento de alumnado experimentado nos últimos anos.
“As actuacións de ampliación serven para dar adaptar os centros aos novos tempos, con espazos con novos enfoques pedagóxicos para distintas metodoloxías de aprendizaxe innovadoras, o que inclúe bibliotecas más amplas, pistas deportivas cubertas e espazos de lecer”, enumerou o conselleiro durante a visita ás obras en marcha na Estrada.

Investimento nas catro provincias
Por provincias, as que concentran máis actuacións de ampliación, en consonancia cun maior número de alumnos matriculados, son as da Coruña (16 actuacións por 23,5M€) e Pontevedra (15 ampliacións por 29,2M€). En Lugo estanse a ampliar catro centros por importe de 3,9M€ e en Ourense un total de oito, cun orzamento de máis de 11,1M€.

No referido ao estado das actuacións, oito delas están rematadas, cun investimento de máis de 10,9M€, e outras 20 están en marcha, cun orzamento de 38,1M€. Ademais, están xa programadas outras 15 ampliacións, nas que se prevé un investimento de -como mínimo- 18,6M€, cifra que medrará cando se avance na súa planificación administrativa, dado que aínda hai varias cuxo orzamento está a determinarse por parte dos técnicos.
Aposta pola mellora do ensino
No caso concreto da visita de hoxe na Estrada, o conselleiro sinalou que a obra forma parte das ampliacións no eido de FP, que dá resposta ao “gran incremento da matrícula e ás necesidades de espazos totalmente equipados para impartir uns ciclos cada vez máis tecnificados”. “Estamos a dotar os centros de FP de máis e mellores espazos, no marco da aposta que a Xunta mantén desde hai máis dunha década con estas ensinanzas, cuxa prestixio medra día a día e cuxas cifras están en récords históricos”, destacou.

O titular do departamento educativo da Xunta lembrou que neste ano 2024 remata o vixente Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, malia que algunhas obras programadas ao seu abeiro continuarán executándose dada a grande envergadura de moitas delas.
RELACIÓN DE AMPLIACIÓNS REMATADAS, EN MARCHA E PROGRAMADAS

 

PROVINCIA

 

CONCELLO CENTRO IMPORTE
REMATADAS
Coruña, A Oleiros CEIP Juana de Vega 100.738,82 €
Lugo Lugo IES Sanxillao 1.804.936,95 €
Lugo Lugo CIFP Politécnico 1.223.178,11 €
Lugo Sarria IES Xograr Afonso Gómez 276.172,92 €
Ourense Ourense IES Xesús Ferro Couselo 3.263.614,39 €
Pontevedra Mos IES de Mos 758.261,93 €
Pontevedra Pontevedra CIFP Carlos Oroza 2.789.252,92 €
Pontevedra Pontevedra IES Luís Seoane 722.890,30 €
EN MARCHA
Coruña, A Ames CEIP Agro do Muíño 3.441.359,56 €
Coruña, A Ares CPI As Mirandas 3.069.035,68 €
Coruña, A Arteixo IES de Pastoriza 2.142.308,93 €
Coruña, A Coruña, A IES Plurilingüe Elviña 440.175,68 €
Coruña, A Fisterra CEIP Mar de Fóra 951.142,34 €
Coruña, A Oleiros IES Miraflores 480.373,48 €
Coruña, A Pontedeume CIFP Fraga do Eume 377.000,00 €
Coruña, A Santiago de Compostela IES Eduardo Pondal 3.116.839,59
Lugo Chantada IES Lama das Quendas 558.051,16 €
Ourense Carballiño, O IES Manuel Chamoso Lamas 2.387.213,19 €
Ourense Ourense CEIP Plurilingüe Inmaculada 1.270.000,00
Ourense Ourense IES Eduardo Blanco Amor 821.751,62 €
Ourense Vilamarín CIFP de Vilamarín 792.294,69 €
Pontevedra Baiona EEI O Areal 224.808,02 €
Pontevedra Caldas de Reis IES Plurilingüe Aquis Celenis 5.372.153,12 €
Pontevedra Estrada, A IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez 3.077.167,43 €
Pontevedra Pontevedra EEI Concepción Crespo Rivas 721.006,52 €
Pontevedra Redondela IES Pedro Floriani 1.888.821,10 €
Pontevedra Salceda de Caselas IES Pedras Rubias 3.319.158,56 €
Pontevedra Vilagarcía de Arousa CIFP Fontecarmoa 3.726.630,99 €
PROGRAMADAS
Coruña, A Coruña, A CIFP Imaxe e Son 3.000.000,00 €
Coruña, A Coruña, A IES Agra do Orzán 1.250.000,00 €
Coruña, A Coruña, A CIFP Paseo das Pontes 500.000,00 €
Coruña, A Ferrol CIFP Ferrolterra 2.500.000,00 €
Coruña, A Ferrol CIFP Leixa 1.500.000,00 €
Coruña, A Ferrol IES Ricardo Carvalho Calero 650.000,00 €
Coruña, A Ferrol IES Ferrol Vello Por determinar
Pontevedra Cambados CEIP San Tomé 850.000,00 €
Pontevedra Grove, O CEIP Rosalía de Castro 2.600.000,00 €
Pontevedra Lalín IES Ramón Mª Aller Ulloa 2.500.000,00 €
Ourense Ourense CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel 1.625.000,00 €
Ourense Ourense CIFP A Farixa 967.261,00 €
Ourense Pereiro de Aguiar, O CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey Por determinar
Pontevedra Tomiño IES Antón Alonso Ríos Por determinar
Pontevedra Vilagarcía de Arousa CEIP Plurilingüe Arealonga 650.000,00 €